A Auga (Maré – Cabada – Batán)

Esta ruta, de aproximadamente 7,9 Km. de lonxitude, está deseñada cun trazado circular, o que facilita a elección do inicio do percorrido polo lugar que a cada cal lle resulte máis cómodo.
A mellor zona para deixar o coche é o aparcadoiro que hai detrás da igrexa parroquial de San Martiño do Porto, polo que tomaremos este como punto de partida.
Denominamos este tramo como ruta da auga porque case a metade do mesmo (3,400 Km) se fai bordeando a canle do río Castro e, desde a parte máis elevada do trazado, podemos gozar da visión do mar. A ruta tamén podería coñecerse como ruta dos muíños dado que, no curso do río Castro, só na marxe do Concello de Cabanas hai catalogados 34 muíños. Desafortunadamente, algúns deles atópanse en estado ruinoso.

Panel