Inicio

Charla sobre alzhéimer e seguridade este venres no salón de plenos da consistorial de Cabanas
  • Xoves, 24 Agosto 2017

Dará comezo ás 20 horas con entrada libre e nace da colaboración entre Concello e AFAL Ferrolterra

Cabanas, 24 de agosto de 2017. O salón de plenos da casa consistorial de Cabanas acollerá mañá venres, ás 20 horas, a xornada “Colaborando pola seguridade no alzhéimer e outras demencias”. Un programa pioneiro dirixido ós profesionais que velan pola seguridade cidadá e, en concreto, Policía Local, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Garda Civil, aínda que con entrada libre para todo aquel interesado no tema.

As xornadas de divulgación do proxecto turístico “A Fraga Feita Mar” continúan venres e domingo na Oficina de Turismo
  • Mércores, 23 Agosto 2017

O Concello dará a coñecer o programa a veciños e visitantes

Cabanas, 23 de agosto de 2017. As xornadas de divulgación do proxecto estratéxico de turismo “Cabanas: A Fraga Feita Mar” continuarán este venres e domingo. Nesta ocasión, o Concello informará do programa na Oficina Municipal de Turismo a veciños e visitantes, pero tamén tentará coñecer a súa opinión e recabar as súas suxestións, buscando a súa implicación directa.

Páxinas