Inicio

O Concello de Cabanas acóllese o PAI 2015
  • Martes, 17 Febreiro 2015

O Concello de Cabanas celebrou na tarde de onte un Pleno Extraordinario no que se aprobaron diferentes propostas, a máis importante delas a referida ó Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación da Coruña. Trátase este dunha serie de préstamos sen xuros que a Deputación realizará ós concellos da provincia e que ten por finalidade cooperar na redución do seu endebedamento e minorar os custos de mantemento das súas infraestruturas.

Notificación de convocatoria
  • Luns, 16 Febreiro 2015

De acordo co disposto no artigo 80 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, poño no seu coñecemento que o Sr. Alcalde con esta data RESOLVEU:

DECRETO 068/2015. Convocatoria sesión extraordinaria urxente.

Proyecto Taller de Emprego: Fragas do Eume
  • Domingo, 08 Febreiro 2015

O Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, entregou á delegada territorial da Xunta (Belén Docampo) un proxecto para a creación dun taller de emprego no parque natural das Fragas do Eume. O obxectivo é dobre, por unha banda que os participantes mallores de 18 gocen dun contrato e un salario combinado con formación específica durante 6 meses, e por outra banda beneficiarse da posta en valor das Fragas mediante a realización de tarefas de conservación e recuperación de espazos naturais.

Ampliación do prazo de exposición pública do Plan Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eume
  • Xoves, 05 Febreiro 2015

Tanto dende o Concello de Cabanas como dende a propia Xunta de Galicia queren destacar que estase aínda comezando coa tramitación do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que se atopa agora en prazo de exposición pública. Un prazo que grazas as xestións do propio Concello de Cabanas foi ampliado en quince días, para deste xeito poder facilitar inda máis a participación na redacción definitiva de todos os axentes implicados nel. O que se busca fundamentalmente é conseguir o maior consenso posible entre todos para obter un mellor documento.

Nova Ordenanza Municipal e Medalla de Ouro
  • Venres, 30 Xaneiro 2015

 No último Pleno Ordinario celebrado o pasado mércores, o Concello de Cabanas aprobou entre outras cuestións o borrador dunha ordenanza reguladora de axudas ó transporte metropolitano social. Buscase con esta nova ordenanza regular o réxime de concesión de axudas ó transporte colectivo do Concello de Cabanas coa intención de promover e facilitar a mobilidade, o desprazamento e a intercomunicación.

Notificación de convocatoria
  • Luns, 26 Xaneiro 2015

De acordo co disposto no artigo 80 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, poño no seu coñecemento que o Sr. Alcalde con esta data ditou o seguinte Decreto:

DECRETO 030/2015. Convocatoria sesión.

Visita do Presidente da Deputación da Coruña
  • Sábado, 17 Xaneiro 2015

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, acompañou o Presidente da Deputación da Coruña na visita as obras de mellora da estrada de Porto a Laraxe.

Cunha inversión de 600.000 euros na estrada DP 1502, aumentarase a seguridade viaria nesta zona, ampliarase a mesma, construiranse beirarrúas e rematarán co pintado da estrada.

Asinados os convenios cos Cemiterios Veciñais
  • Martes, 30 Decembro 2014

Un ano máis o Concello de Cabanas asinou unha serie de convenios de colaboración cos cemiterios veciñais de “O Peteiro” de Cabanas e “Dato” de Laraxe. Trátanse estes convenios dunha forma de colaboración co estas entidades e se atopan dentro dos programas de axuda que o consistorio ten coas diferentes asociacións e agrupacións que existen en Cabanas.

Páxinas