Inicio

Arranca de novo Envellecemento Activo
  • Mércores, 20 Abril 2016

O Concello de Cabanas, a través do seu departamento de Servizos Sociais, vai retomar novamente o programa de Envellecemento Activo, financiado pola Deputación da Coruña. Despois dun pequeno descanso, o próximo 3 de maio retomaranse as sesións que se celebran no Local Social de As Viñas todos os martes en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Entrega de premios Tapeando Cabanas
  • Venres, 08 Abril 2016

O pasado martes día 5 de abril entregáronse os premios ós participantes da votación na primeira edición do concurso de tapas do Concello de Cabanas, “Tapeando Cabanas”, así como o trofeo ó local creador da tapa gañadora.

 

De entre as mais de 200 persoas de mais de 15 concellos distintos que se achegaron para probar as tapas, saíu como  gañadora a presentada polo BK22, cas súas “Carrilleiras de tenreira ó Pedro Ximenez sobre timbal de puré de pataca e grelos con cremoso queixo do Eume”.

 

Coloquio co tecido empresarial do Concello
  • Venres, 08 Abril 2016

O pasado martes día 5 de abril tivo lugar un coloquio entre a administración local, banca e pequenas e medianas empresas do concello, así coma da Asociación de Xoves Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal “AJE” para debater sobre a situación empresarial e comercial do Concello de Cabanas, e presentar unha serie de iniciativas para o seu impulso.

 

Entrega de diplomas Eume Emprende
  • Venres, 04 Marzo 2016

Acto de entrega de diplomas do obradoiro "EUME EMPRENDE", presidido polo delegado da Xunta de Galicia Diego Calvo, e entregado polos alcaldes de Pontedeume e Cabanas, o tenente de alcalde de Monfero e o director do obradoiro

Convocatoria Pleno Febreiro
  • Mércores, 24 Febreiro 2016

O vindeiro mercores día 24 de febreiro de 2016 ás 19:30 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporació

Galego

Páxinas