Inicio

Cabanas leva aos seus veciños de ruta cultural a Portugal e Salvaterra
  • Venres, 20 Maio 2016

O Concello de Cabanas propón este ano aos seus veciños realizar unha viaxe cultural a Monçao, unha das vilas máis fermosas do Norte de Portugal, e ao concello veciño de Salvaterra do Miño, sede do maior parque público de Galicia unido ao río, o da Canuda.

Ruta de Sendeirismo a Pico Castro
  • Venres, 13 Maio 2016

O próximo 15 de maio o Concello de Cabanas en colaboración co club KDM Cabanas Ocio Activo organizará unha nova ruta de sendeirismo.

Xornada informativa curso fitosanitarios
  • Mércores, 11 Maio 2016

O venres día 20 de maio de 2016, persoal da Consellería do Medio Rural desprazarase ás 10:00 da mañá, ó salón de actos do Concello de Cabanas para impartir unha charla orientadora sobre o uso do carné dos produtos fitosanitarios para todos aqueles que poidan estar interesados en dito curso.

Exposición Pública "Saneamento e depuración de augas residuais en Lavandeira"
  • Martes, 26 Abril 2016

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria realizada o día 30 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o proxecto de “Saneamento e depuración de augas residuais en Lavandeira” redactado polo enxeñeiro Miguel Nieto Matamoros en maio de 2015, cun orzamento de 236.388,61 euros.
De conformidade co establecido no art. 9 do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, ábrese un trámite de información pública polo prazo de trinta días a contar desde o seguinte o da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia a efectos de exame e alegacións.

IV ENCONTRO PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
  • Martes, 26 Abril 2016

Os concellos de Cabanas e Pontedeume organizan o IV Encontro para unha convivencia positiva, que se realiza de foma simultanea en varias comunidades autónomas, sendo o IES Fraga do Eume a ubicación escollida para Galicia

Páxinas