Inicio

Aviso
  • Mércores, 29 Xuño 2016

O Concello de Cabanas informa de que, por mor de traballos na rede, producirase un corte temporal do subministro de auga na zona da praia. Será este xoves, 30 de xuño, entre as 10 e as 12 horas. O Concello pide desculpas de antemán polas molestias que poida ocasionar a medida, necesaria para acometer as obras.

Convocatoria Pleno 29/06/2016
  • Mércores, 29 Xuño 2016

O  mercores día 29 de xuño de 2016 ás 19:30 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no salón

Galego

O Concello ofrecerá clases de pádel para nenos nos meses de xullo e agosto
  • Xoves, 23 Xuño 2016

Aberto o prazo de inscrición no departamento municipal de Deportes

Cabanas, 23 de xuño de 2016. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, ofertará ás nenas e nenos clases de pádel durante os meses de xullo e agosto. As sesións, que se celebrarán na área recreativa e deportiva de A Veiga os sábados e cunha duración dunha hora, están dirixidas a rapaces de catro anos en adiante.

A praia da Madalena albergará ata 63 luminarias na noite de San Xoán
  • Xoves, 23 Xuño 2016

O Concello informa de que, ao día seguinte, unha cuadrilla encargarase dende as 6 horas do acondicionamento das zonas reservadas no areal

Cabanas, 23 de xuño de 2016. Ata 63 veciños e entidades solicitaron este ano autorización ao Concello de Cabanas para celebrar as luminarias na noite de San Xoán na praia da Madalena. O prazo para pedir o permiso concluía o pasado martes.

A casa consistorial acolle este sábado o III Concerto da Escola de Música de Cabanas
  • Mércores, 22 Xuño 2016

Con entrada libre, e a partires das 10 horas, nenas e nenos ofrecerán o seu mellor repertorio ao público asistente

Cabanas, 22 de xuño de 2016. As nenas e nenos que acuden á Escola Municipal de Música de Cabanas ofrecerán á veciñanza un concerto de fin de curso este sábado. Será no salón de plenos da casa consistorial e dará comezo ás 10 horas, con entrada libre e gratuíta.

Páxinas