Inicio

O Concello de Cabanas pon en marcha o Servizo de Orientación Laboral
  • Xoves, 07 Decembro 2017

O servizo prestarase todos os xoves de 8,30 a 14 h na casa consistorial

Cabanas, 7 de decembro de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, informou esta mañá da posta en marcha dun novo Servizo de Orientación Laboral no Concello de Cabanas. O obxectivo é facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego e promover tamén o emprendemento. Así, o servizo prestarase na casa consistorial –pranta baixa- todos os xoves, de 8,30 a 14 horas.

A Secretaria Xeral para o Deporte realiza unha visita de fin de obra ó circuito de motocross de Cabanas
  • Venres, 01 Decembro 2017

Cabanas, 1 de decembro de 2017. Acompañada do alcalde, Germán Castrillón, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe Cabanas, onde supervisou o estado final das obras levadas a cabo para a mellora das infraestruturas deportivas do municipio. A máxima responsable do deporte galego insistiu unha vez máis na importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

Axudas Sociais e Programas Municipais

AXUDAS SOCIAIS

O departamento municipal de Servizos Sociais tramita unha serie de axudas, tanto municipais como doutras administracións, dirixidas a aquelas familias con escasos recursos económicos.

Galego

O profesor Andrés Fernández Rifón presenta a súa obra “Pousando Antergos. Laraxe” este venres en Cabanas
  • Xoves, 30 Novembro 2017

O acto, con entrada libre, comezará ás 20 horas no salón de plenos

Cabanas, 30 de novembro de 2017. O profesor, escritor e investigador local Andrés Fernández Rifón presentará en Cabanas a súa última publicación “Pousando Antergos. Laraxe”. Será este venres, 1 de decembro, no salón de plenos da casa consistorial, a partir das 20 horas. Acompañarán ó autor a concelleira de Cultura, Esperanza Gayoso, e o alcalde, Germán Castrillón, nun acto con entrada libre e de balde.

O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no Xantar de Nadal veciñal
  • Mércores, 29 Novembro 2017

As persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza na casa consistorial antes do 12 de decembro

Cabanas, 29 de novembro de 2017. O Concello de Cabanas volve a celebrar un ano máis o seu tradicional Xantar de Nadal veciñal. Será o vindeiro 15 de decembro, a partir das 14 horas no restaurante do Hotel Iberia do municipio. Así, as persoas interesadas en tomar parte na cita, poden reservar dende hoxe a súa praza na casa consistorial. O prazo remata o día 12.

Páxinas