Inicio

25 persoas tomaron parte na ruta a Redes organizada polo Concello
  • Martes, 05 Setembro 2017

Numeroso público infantil na andaina, que permitiu descubrir incribles panorámicas do municipio de Cabanas

Cabanas, 5 de setembro de 2017. Un total de 25 persoas tomaron parte o pasado domingo pola mañá na ruta de sendeirismo a Redes organizada polo Concello de Cabanas a través da Concellería de Deportes. Unha expedición na que predominaba o público infantil. Non en van, e segundo explicou o concelleiro de Deportes, Javier Fernández, a ruta estaba especialmente dirixida ás familias, cun percorrido de dificultade baixa.

Páxinas