Inicio

O Concello recupera a fonte das Murgas e avanza traballos na de Anidos e Santa Lucía
  • Mércores, 18 Outubro 2017

Tras anos sen actividade, a fonte ubicada no lugar de Batán volve subministrar auga e dispón agora dun banco de lousa

Cabanas, 17 de outubro de 2017. O Concello de Cabanas vén de recuperar e pór en valor a antiga fonte das Murgas, emprazada no lugar de Batán e próxima ó centro educativo. En primeiro lugar, e tras anos sen actividade, o departamento de Obras recuperou o manantial que tradicionalmente subministraba auga á fonte e, así, volve a dispor deste recurso.

As xuntanzas veciñais para elaborar os orzamentos arrancan este mércores
  • Luns, 16 Outubro 2017

O Concello de Cabanas convoca a primeira reunión ás 20 horas no local social da SCRD de San Mamede de Laraxe

Cabanas, 16 de outubro de 2017. Arrancan as xuntanzas veciñais organizadas polo Concello de Cabanas nas diferentes parroquias para recabar as propostas ós orzamentos municipais para o próximo ano. A primeira celebrarase este mércores, 18 de outubro, no local social da SCRD de San Mamede de Laraxe, a partir das 20 horas e con entrada libre.

O Concello de Cabanas promove un curso de formación en técnicas de froitocultura
  • Venres, 13 Outubro 2017

A Concellería de Cultura abrirá este luns o prazo de inscrición

Desenvolverase entre o 2 de novembro e o 25 de xaneiro de 2018

Cabanas, 13 de outubro de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura, organiza un curso de formación en técnicas de froitocultura. Desenvolverase todos os xoves dende o 2 de novembro e ata o 25 de xaneiro de 2018, en sesións de dúas horas, entre as 18 e as 20 h.

O Concello de Cabanas pon en marcha este mes o ciclo “Sábados Teatrais”
  • Mércores, 11 Outubro 2017

O grupo local Licor Café inaugura o programa coa súa última peza “Dous ligues para unha noite” este sábado ás 19,30 horas e entrada de balde

O cartel do ciclo complétase co musical “Chicago” a cargo de Ultreia Teatro e “A invitada” do grupo da SCR A Pombiña

Páxinas