Servizos Sociais

Os nenos e nenas do PAI van de excursión á Granxa O Cancelo
  • Xoves, 08 Xuño 2017

Visitaron a granxa, elaboraron batidos con froitas e leite e degustaron xeado feito tamén nas instalacións, ubicadas no municipio veciño de Miño

Cabanas, 07 de xuño de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organizou unha excursión esta semana para os nenos e nenas que a diario acuden ao Punto de Atención á Infancia (PAI) das Viñas.

O Concello organiza unha charla sobre “Nutrición Saudable” no CEIP Eladia Mariño
  • Luns, 15 Maio 2017

Cabanas, 15 de maio de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha charla informativa baixo o título “Nutrición Saudable”. Levarase a cabo nas instalacións do CEIP Eladia Mariño e vai dirixida ás familias con nenos e nenas no servizo “Mencer na Escola”. Un programa municipal co que o Concello busca favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias que se desenvolve fóra do horario lectivo –de 7,30 a 9,30 h-.

Máis de 180 persoas danse cita no IV Xantar Solidario de Cabanas e homenaxean á súa veciña María Dolores Cabana Díaz
  • Domingo, 12 Marzo 2017

O acto estivo incluído na conmemoración do Día da Muller Traballadora

Cabanas, 12 de marzo de 2017. O alcalde, Germán Castrillón, agradeceu a resposta da veciñanza ó Xantar Solidario organizado este mediodía polo Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais. Un xantar no que tomaron parte máis de 180 persoas e que se celebrou no local da SCRD San Mamede de Laraxe.

Xantar Solidario este domingo en Cabanas
  • Venres, 10 Marzo 2017

Uns 180 veciños e veciñas compartirán mesa e mantel no local da SCRD San Mamede de Laraxe nun acto organizado polo Concello de Cabanas no marco do programa do Día da Muller Traballadora

Cabanas, 10 de marzo de 2017. Uns 180 veciños e veciñas de Cabanas daranse cita este domingo, 12 de marzo, no local da SCRD San Mamede de Laraxe para tomar parte no IV Xantar Solidario. Un acto organizado polo Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, incluído no programa deseñado para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

Páxinas