Servizos Sociais

O Concello de Cabanas convida ás familias a un Obradoiro gratuíto de Ioga
  • Martes, 21 Novembro 2017

Aberta a inscrición na actividade, que terá lugar este venres

Cabanas, 21 de novembro de 2017. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza este venres, 24 de novembro, un Obradoiro de Ioga en Familia. A acción forma parte do programa municipal “Tempo de Familias: Compartindo Experiencias”, e vai dirixida ás nais, pais, avoas, avós, persoas coidadoras en xeral e nenos e nenas. Desenvolverase en horario de tarde no CEIP Eladia Mariño.

Páxinas