Servizos Sociais

O Concello de Cabanas promove un obradoiro de canto, música e baile tradicionais para as familias
  • Xoves, 08 Marzo 2018

Dirixido a familias con nenos e nenas dende os cero anos, celebrarase este luns no local social das Viñas, a partir das seis e media da tarde

Entre as actividades previstas: aprendizaxe de cancións, achegamento á música de percusión e iniciación ó baile tradicional

Medio centenar de estudantes tomaron parte no obradoiro de educación emocional organizado polo Concello no piñeiral
  • Venres, 23 Febreiro 2018

A iniciativa celebrada esta mañá incluiuse no proxecto “Empodera” do Plan Municipal de Acción Social coa Mocidade

Cabanas, 23 de febreiro de 2018. Medio centenar de alumnos e alumnas de 1º e 3º curso do IES Fraga do Eume tomaron parte esta mañá no obradoiro de educación emocional e empoderamento que organizou o Concello de Cabanas a través da Concellería de Servizos Sociais e en colaboración co centro educativo. O tempo acompañou e o piñeiral da Madalena convertiuse no mellor escenario para a acción.

Páxinas