Servizos

Arrancan as obras para dotar de saneamento os núcleos de Porcar e A Rúa
  • Martes, 26 Febreiro 2019

O Concello de Cabanas inviste preto de 40.000 euros nos traballos

Cabanas, 26 de febreiro de 2019. O Concello de Cabanas estenderá o servizo de saneamento de augas residuais aos núcleos de Porcar, en Santa Cruz, e A Rúa, en Soaserra. Así, as obras iniciáronse a semana pasada e contan cun prazo de execución de tres meses.

As intervencións requerirán dun investimento de 39.118,96 euros, que o Concello financiará ao 100% a través do Plan Único POS+.

Páxinas