Igualdade

Construíndo diversidade
  • Mércores, 28 Xuño 2017

Con motivo da conmemoración do "Día das diversidades sexuais" o 28 de xuño de 2017 o Concello de Cabanas únese á campaña que desde a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña estase a organizar baixo o lema "Construíndo diversidade" . Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a necesidade de xerar unha sociedade igualitaria e xusta, apoiando á diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade, así como normalizar a comunidade LGTBQI.

Cabanas súmase á campaña da Fegamp CONCELLOS #POLOBOTRATO
  • Xoves, 24 Novembro 2016

Cabanas, 24 de novembro de 2016. Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Cabanas súmase á campaña da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) CONCELLOS #POLOBOTRATO e, así, quere dar a coñecer a iniciativa, entre a que destaca o decálogo que leva por nome o lema da campaña. Unha unha serie de recomendacións e compromisos para combater o sexismo, fomentar a corresponsabilidade e loitar por unha igualdade real entre homes e mulleres.

PLAN ESTRATÉXICO DE FORMACIÓN PARA A BUSCA DE EMPREGO, DIRIXIDO Á MULLER E Á MOCIDADE

As actividades contempladas no proxecto proposto pretenden, para un grupo reducido de participantes, formalos en todas aquelas competencias e habilidades que lles permitan ser máis
competitivos no mercado laboral.

En concreto o proxecto pretende formar a un grupo heteroxéneo de desempregados, nas seguintes temáticas entre outras:

  • Búsqueda de emprego

  • Búsqueda de emprego na internet

Galego