Próxima apertura do prazo de preinscripción do PAI

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Desde o 1 ao 15 de maio de 2024 permanecerá aberto o prazo para presentación da preinscrición no Punto de Atención á Infancia As Viñas (PAI As Viñas) para o curso 2024/2025, cuxa oferta provisional de prazas é a seguinte:

0-1 años: 4 prazas
1-2 años: 6 prazas
2-3 años: sen prazas

As devanditas solicitudes deberán presentarse de maneira preferente no Rexistro da Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, de non ser posible, no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina.

Xunto a solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación segundo a situación de cada unidade familiar:
  • Libro de familia (se non se ten, certificado de nacemento e matrimonio, se procede).
  • DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
  • Declaración do IRPF ou certificado de exención do ano 2022.
  • Tarxeta do INEM ou nómina, no caso de estar en activo.
  • Certificación positiva ou negativa de percepción económica do INEM (no caso de situacións de desemprego).
  • Certificado de ingresos por pensións nacionais ou estranxeiras emitido polo organismo pagador (de ser o caso).
  • Certificado de discapacidade ou médico de enfermidade (de ser o caso).
  • Pagamentos fraccionados dos profesionais autónomos (de ser o caso).
  • Sentenza que acredite a nulidade matrimonial, separación ou divorcio (de ser o caso).
  • Certificado de empadroamento, no caso de non corresponder ao Concello de Cabanas.
O PAI As Viñas é un centro diurno de titularidade municipal que depende da Área de Servizos Sociais que ten como finalidade prestar atención de apoio a nenas e nenos de entre 4 meses ate 3 anos, co fin de facilitar a conciliación persoal, familliar e laboral das familias.
Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar coa área de servizos sociais no 981495959 (ext. 6 ou 2) ou no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal
Enlaces de descarga:
– Solicitude de preinscrión: solicitude preinscrición
[ES]

Desde el 1 al 15 de mayo de 2024 permanecerá abierto el plazo para presentación de la preinscrición en el Punto de Atención a la Infancia As Viñas (PAI As Viñas) para el curso 2024/2025, cuya oferta provisional de plazas es la siguiente:

0-1 años: 4 plazas
1-2 años: 6 plazas
2-3 años: sin plazas

Las citadas solicitudes deberán presentarse de manera preferente en el Registro de la Sede Electrónica del Concello de Cabanas o, de no ser posible, en el Registro General del Concello en horario de oficina.

Junto la solicitud, deberá adjuntarse la siguiente documentación segundo la situación de cada unidad familiar:
  • Libro de familia (si no se tiene, certificado de nacimiento y matrimonio, si procede).
  • DNI de las personas progenitoras o representantes legales.
  • Declaración del IRPF o certificado de exención del año 2022.
  • Tarjeta del INEM o nómina, en el caso de estar en activo.
  • Certificación positiva o negativa de percepción económica del INEM (en el caso de situaciones de desempleo).
  • Certificado de ingresos por pensiones nacionales o extranjeras emitido por el organismo pagador (de ser el caso).
  • Certificado de discapacidad o médico de enfermedad (de ser el caso).
  • Pagos fraccionados de los profesionales autónomos (de ser el caso).
  • Sentencia que acredite la nulidad matrimonial, separación o divorcio (de ser el caso).
  • Certificado de empadronamiento, en el caso de no corresponder al Concello de Cabanas.
El PAI As Viñas es un centro diurno de titularidad municipal que depende del Área de Servicios Sociales que tiene como finalidad prestar atención de apoyo a niñas y niños de entre 4 meses hasta 3 años, con el fin de facilitar la conciliación personal, familiar y laboral de las familias.
Para obtener más información, las personas interesadas pueden contactar con el área de servicios sociales en el 981495959 (ext. 6 o 2) o en el correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal
Enlaces de descarga:
– Solicitud de preinscripción: solicitude preinscrición
Share.

Comments are closed.