O Concello conmemora o Día do Libro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas conmemora o Día  do Libro, que se celebra este 23 de abril, cun reparto de libros entre a veciñanza, para o cal habilitará unha mesa na entrada da Casa do Concello, onde cada persoa poderá levar aquel exemplar ou exemplares que máis lle interesen.

A lectura axúdanos a viaxar a mundos descoñecidos, esperta a nosa mente e enriquece o noso interior. Os libros son unha fonte de coñecemento que nos permite entender o que nos rodea.  É por iso que a UNESCO declarou, no ano 1995, o día 23 de abril como Día do Libro. Trátase dun día para fomentar a lectura entre todos os públicos xa que ler nos axuda a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.

Dende o Concello de Cabanas anímase á veciñanza a achegarse ata o Concello para recoller algún dos exemplares que estarán dispoñibles na entrada da Casa do Concello desde o martes 23 ao venres 26 de abril de 2024.

O venres 26 de abril clausurase esta conmemoración do Día do Libro cunha nova reunión do Club de Lectura municipal, que terá lugar ás 16.30h, na Casa da Cultura (Escola Laica) e na que contarán coa visita do Miguel Conde-Lobato, autor de Palabras malditas, lectura proposta para este mes de abril.

[ES]

El Concello de Cabanas conmemora el Día del Libro, que se celebra este 23 de abril, con un reparto de libros entre los vecinos/as, para el cual habilitará una mesa en la entrada de la Casa del Concello, donde cada persona podrá llevar aquel ejemplar o ejemplares que más le interesen.

La lectura nos ayuda a viajar a mundos desconocidos, despierta nuestra mente y enriquece nuestro interior. Los libros son una fuente de conocimiento que nos permite entender lo que nos rodea.  Es por eso que la UNESCO declaró, en el año 1995, el día 23 de abril como Día del Libro. Se trata de un día para fomentar la lectura entre todos los públicos ya que leer nos ayuda a conocer culturas, a viajar en el tiempo y a cultivar nuestra mente.

Desde el Concello de Cabanas animamos a los vecinos/as a acercarse hasta el Concello para recoger alguno de los ejemplares que estarán disponibles en la entrada del Ayuntamiento, desde el martes 23 al vienres 26 de abril de 2024.

El vienres 26 de abril se clausurará esta conmemoración del Día del Libro con una nueva reunión del Club de Lectura municipal, que tendrá lugar a las 16.30h, en la Casa de la Cultura (Escola Laica) y en la que contarán con la visita de Miguel Conde-Lobato, autor de Palabras malditas, lectura propuesta para este mes de abril.

Share.

Comments are closed.