Cultura

O Concello conmemorará o Día do Libro agasallando á veciñanza con 200 exemplares
  • Mércores, 17 Abril 2019

A edil de Cultura, Elena Arias, explica que deste xeito o Concello súmase á campaña da Deputación “Libros para Sermos Libres”

Cabanas, 17 de abril de 2019. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura, informa á veciñanza de que o martes 23 de abril, coa conmemoración do Día do Libro, levará a cabo a campaña Libros para Sermos Libres, campaña promovida pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, comezada hai dous anos.

O Concello invita á veciñanza ao Concerto da Escola Municipal de Música
  • Venres, 05 Abril 2019

Terá lugar este sábado no salón de plenos a partir das 9,30 horas

Cabanas, 5 de abril de 2019. Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música do Concello de Cabanas ofrecerán mañá sábado, 6 de abril, un concerto. Terá o salón de plenos da casa consistorial como escenario e dará comezo ás 9,30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O Concello de Cabanas celebra este venres a súa Gala da Cultura e do Deporte e a entrega de Distincións de Honra
  • Mércores, 20 Febreiro 2019

Concederá a Medalla de Ouro ao Secretario-Interventor, Antonio López Vila

As deportistas Andrea García Sande e Christina May Nelson Arias e o docente Antonio García Arias son os galardoados deste ano no eido deportivo e cultural

A veciñanza de Cabanas renderá tributo a título póstumo a Guillermo García Villar, Mito, e ao doutor Manuel Ferrero Zarzuelo bautizando cos seus nomes dúas rúas da localidade 

A praia da Madalena será escenario de 98 luminarias na noite de San Xoán
  • Venres, 22 Xuño 2018

O Concello informa de que, ao día seguinte, unha cuadrilla encargarase dende as 6 horas do acondicionamento das zonas reservadas no areal

Cabanas, 22 de xuño de 2018. Ata 98 veciños e entidades solicitaron este ano autorización ao Concello de Cabanas para celebrar as luminarias na noite de San Xoán na praia da Madalena. Unha cifra superior á do ano anterior, cando foron 88 as solicitudes presentadas e á do 2016, con 63.

Cabanas celebra este xoves o 107 aniversario da Feira do 21
  • Mércores, 20 Xuño 2018

Cabanas, 20 de xuño de 2018. Veciños e visitantes teñen mañá xoves unha cita no paseo do piñeiral da Madalena. Alí, dende primeira hora da mañá, apostaranse os postos de labranza, cestería, produtos da horta, artesanía… para celebrar unha nova edición da Feira do 21. Será unha xornada especial, xa que cumpre 107 anos, convertíndose nun dos mercados máis tradicionais, senlleiros e lonxevos da comarca.

Últimos días para mercar anticipadamente os tickets para o xantar popular no 107 aniversario da Feira do 21
  • Luns, 18 Xuño 2018

Cabanas, 18 de xuño de 2018. Este xoves, Cabanas celebrará un novo aniversario dun dos mercados máis tradicionais, senlleiros e lonxevos da comarca: a Feira do 21 de Cabanas. Este ano a cita alcanza os 107 anos e, con tal motivo, o Concello, a través da Concellería de Cultura e Turismo, organiza un xantar popular. Celebrarase, como marca a tradición, o 21 de xuño e mañá martes, 19 de xuño, será o último día para mercar os tickets de forma anticipada na Oficina Municipal de Turismo emprazada no entorno do parque do Areal e garantizarse así o menú.

Páxinas