San Xoán

O Concello abre o prazo para pedir autorización para as luminarias de San Xoán
  • Xoves, 07 Xuño 2018

Preto dun centenar de veciños presentaron a solicitude o pasado ano

Cabanas, 7 de xuño de 2018. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá que, como vén sendo tradición, o Concello habilitará na praia da Madalena espazos reservados para realizar luminarias con motivo da festividade de San Xoán. Así, aquelas persoas interesadas deberán comunicalo expresamente á Administración local, presentando unha instancia no Rexistro Xeral.

A praia da Madalena será escenario de 88 luminarias na noite de San Xoán
  • Xoves, 22 Xuño 2017

O Concello informa de que, ao día seguinte, unha cuadrilla encargarase dende as 6 horas do acondicionamento das zonas reservadas no areal

Cabanas, 22 de xuño de 2017. Ata 88 veciños e entidades solicitaron este ano autorización ao Concello de Cabanas para celebrar as luminarias na noite de San Xoán na praia da Madalena. Unha cifra superior á do ano anterior, cando foron 63 as solicitudes presentadas.