Convocatoria Pleno Novembro

O vindeiro mércores día 25 de novembro de 2015 ás 19:30 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no salón de sesión da Casa do Concello. Este pleno contará ca seguinte orde do día: 

  1. Aprobación se procede da acta da sesión anterior.
  2. Sorteo  membros mesas electorais.
  3. Proposta investimentos Plan Acción SOcial 2015 da Deputación da Coruña.
  4. Solicitude participación POS 2016 da Deputación da Coruña.
  5. Recuperación 2º cuarto paga extra 2012 e días asuntos particulares e vacacións do persoal municipal.
  6. Adhesión solicitude selo conmemorativo 500 anos Reforma Protestante.
  7. Apoio á medalla de Galicia para Andrés Do Barro. Proposición do concelleiro do BNG.
  8. Participación veciñal nos plenos do concello de Cabanas. Proposición do concelleiro do BNG.
  9. Uso de herbicidas con glifosato. Proposición do concelleiro do PDDdG.
  10. Estudo para declaración travesías na N-561. Proposición do concelleiro do PDDdG.
  11. Protocolo na loita e control da Vespa Volutina Nigrithorax. Iniciativa do grupo Socialista.
  12. Derogación da Lei 27/2013, do 27 de decembro (LRAL), ou, no seu defecto, a devolución ás entidades locais das competencias en materia de prestación de servizos sociais. Proposición do grupo Socialista.
  13. Vacina contra a meninxite-B, inclusión polos gobernos de España e da Xunta de Galicia no calendario vacinal. Proposición do grupo Socialista.     

      Parte de control órganos da Corporación.

      14.-Informes da Presidencia.

             a) Resolucións da Alcaldía.

      15.- Rogos e preguntas.

Archivo: