Tempo de Familias

Galego

Un ano máis, o Concello de Cabanas e a súa Concellería de Servizos Sociais vai por en marcha a súa actividade “Tempo de Familias”, no que participará tamén a Deputación da Coruña con parte do seu financiamento a través do seu Programa de Acción Social con Familia, Mocidade e Infancia. Trátase esta dunha actividade dirixida a familias con nenos e nenas de ata cinco anos de idade e no que se pretende facilitar un espazo de encontro para o intercambio, o debate e a aprendizaxe conxunta. Os interesados en tomar parte poderán recadar máis información nos Servizos Sociais de Cabanas ata o próximo 19 de novembro.

Mediante esta actividade, dende o Concello de Cabanas quérese facer incidencia na importancia das familias como o primeiro espazo educativo para as persoas. Desta forma quere facerse posible un tempo para a reflexión, a actividade, o intercambio e a aprendizaxe. A actividade vaise desenvolver durante o curso escolar, rematando a mesma no mes de maio. Os días, horario, duración e lugar de realización das sesións será consensuados polo propio grupo.

Nas sesións que comporán esta actividade farase nun primeiro momento unha exposición do tema a tratar, dándose diferentes claves que poidan axudar para afondar no tema, contando puntualmente con persoal experto tendo en conta as demandas do grupo. Posteriormente levaranse a cabo diferentes actividades e tarefas para realizar cos nenos e nenas como xogos, contos, cancións, manualidades caseiras, etc.

Os temas que se traballaran seguirán aqueles que máis poidan preocupar ou interesar as familias participantes, como a importancia do xogo no desenvolvemento da persoa, recursos e apoios fronte malo hábitos ou  actividades estimulativas entre outras.

Tags: