Magosto en Cabanas

Galego

Como ven sendo habitual por estas datas, o Concello de Cabanas organizará unha nova edición do seu tradicional Magosto. A data escollida nesta ocasión para a súa celebración será este próximo venres 7 de novembro. O lugar no que terá lugar será no local social de Santa Cruz a partir das 20:30 horas.

Nesta ocasión, quen se achegue a celebrar o Magosto en Cabanas poderá por tan só tres euros dispoñer dunha ración de castañas asadas xunto con liscos e unha cunca de queimada. Os nenos que veñan a festa terán a posibilidade de tomar as castañas e os liscos de forma gratuíta. Esta festa do Magosto contará coa amenización musical a cargo do dúo SonLatino a partir das 22:00 horas.

Tags: