Investimento da Xunta na estrada que une Cabanas e As Pontes

Galego

A Xunta de Galicia iniciará en breve a reparación da estrada, AC-564, que comunica Cabanas coas Pontes. Concretamente, os traballos afectan os puntos quilométricos 1 e 26.

Igualmente,  a Xunta contempla o arranxo da estrada, AC-563,  da rede primaria que une Vilar do Colo a Fonfría no desvio coa estrada AC-564 en Cabanas.

As obras basicamente se focalizarán na reposición do firme, mellora do aglomerado, drenaxe das infraestruturas e cambios na sinalización horizontal e vertical.

Tags: