Ruta ás Fragas do Eume

Galego

A Concellería de Cultura e Deportes en colaboración co club KDM de Cabanas ten previsto organizar para este próximo domingo, unha nova ruta de sendeirismo, dentro da súa planificación habitual mensual. Neste caso, a ruta proposta levará ós seus participantes ata as Fragas do Eume, saíndo dende a parroquia de Irís.

O día escollido será como se indicaba anteriormente o domingo 27 de abril e o punto de saída como é habitual será no antigo campo de fútbol da Madalena. Os que desexen participar deberán presentarse alí as 09:45 horas. A duración prevista da ruta é de tres horas aproximadamente e a súa dificultade baixa.

Tamén xa se está a organizar a ruta para o mes de maio, que será o domingo 18 polo concello de Monfero, no coñecido como Camiño dos Cerqueiros. Dende a Concellería de Cultura e Deportes estase a valorar a posibilidade de alugar un autobús para os que estivesen interesados. De ser así terían de prazo ata o 9 de maior para facer a preinscrición.