Galicia Cross Country en Cabanas

Galego

Este próximo domingo 9 de marzo, o piñeiral da Madalena de Cabanas acollerá a proba final do Galicia Cross Country, primeiro circuíto autonómico de carreiras populares de campo a través. A proba a disputar en Cabanas completará o calendario logo das carreiras realizadas en Vilalba, Pontevedra e Lugo e nela daranse a coñecer os gañadores tanto en categorías masculinas como femininas desta nova modalidade. A saída da proba está prevista que sexa ás 11:30 horas e a distancia a cubrir será de 4 kilómetros.

Todos os atletas populares que o desexen inda se poden inscribir para a cita de Cabanas, rematando o prazo de inscrición este próximo xoves 6 de marzo. Para facer efectiva a mesma non teñen máis que dirixirse á web www.chamionchipnorte.com. Coa inscrición os atletas participantes terán dereito ademais de participar a recibir un regalo técnico así como avituallamento, que será cedido tanto por Coca Cola España como por Naranjas Ibáñez. Na páxina web poderán tamén conseguir toda a información pertinente o regulamento da proba.