Reunións veciñais para os presupostos de 2013

Sen definir

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Cabanas pensa realizar unha serie de reunións nos diferentes locais sociais que existen no municipio. Nestas xuntanzas, o consistorio municipal buscará explicar ós veciños e veciñas de Cabanas como se pretenden preparar os presupostos do próximo ano 2013 e do mesmo xeito tamén se escoitaran as suxestións e as preguntas que os asistentes desexen realizar, co obxectivo de preparar  os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello, tendo sempre en conta as necesidades de cada parroquia.

As reunións faranse nos diferentes locais sociais que hai no concello, para deste xeito poder favorecer que asista a maior parte dos veciños e veciñas de Cabanas. A hora das reunións será sempre ás 20:30 horas. O calendario previsto será o seguinte:

-    27 de setembro: Local Social do S.C.R.D. San Mamede de Laraxe
-    01 de outubro: Local Social do C.C.R.D. San Martiño de Porto
-    02 de outubro: Local Social de Lavandeira
-    03 de outubro: Concello de Cabanas
-    26 de outubro: Local Social de Santa Cruz