Principais novidades da "Fase 1" da desescalada da crise da COVID-19

A partir do próximo luns, 11 de maio, a provincia da Coruña, e nomeadamente o concello de Cabanas, ingresa na chamada "Fase 1" do proceso de desescalada da crise sanitarira provocada pola COVID-19.

Deste modo, desde o luns día 11 continuarán as restriccións relativas a paseos, saídas con menores e práctica deportiva, entre as 06.00 e as 23.00 horas, que se resumen en:

Paseos:

  • Nenas/os (até 14 anos): unha única saída, nun radio dun quilómetro da casa, durante un máximo dunha hora e a acompañada/o dunha persoa adulta. Cada persoa adulta poderá responsabilizarse dun máximo de 3 menores.
  • Maiores de 14 anos e persoas adultas: poden facer unha única saída, nun radio dun quilómetro da casa, sen límite de tempo, en solitario ou en compañía dunha soa persoa coa que convivan.

Práctica deportiva e coidado de hortas

Permítese a práctica de deporte ao aire libre de forma individual, dentro do termo municipal de Cabanas, unha única vez e dentro da franxa horaria entre as 06.00 e as 23.00 horas. Tamén se permite o coidado de hortas de xeito individual, agás nos casos de coidado de menores ou situacións de dependencia, tanto en Cabanas como nos concellos limítrofes.

A maiores, a Fase 1 introduce as seguintes novidades:

  • Permítese o contacto social cun máximo de 10 persoas (non se aplica a persoas coas que se conviva), en domicilios, ao aire libre (sen estar en movemento) ou en terrazas de hostalería.
  • Poden abrir ao público todos os establecementos e locais minoristas e de actividades de servizos profesionais con superficie igual ou inferior a 400 metros cadrados, cunha limitación do aforo ao 30%.
  • Poden reabrir as terrazas ao aire libre, cunha ocupación máxima de 10 persoa por mesa ou agrupación de mesas, e unha separación mínima de 2 metros.
  • Poden reabrir hoteis e establecementos turísticos, con zonas comúns pechadas.
  • Permítese a asistencia a lugares de culto, cun aforo reducido ao 30%.
  • Permítense actividades de turismo activo e natureza, en grupos de até 10 persoas e con cita previa.

No arquivo anexo pódense consultar todas as novidades desta fase introducidas no BOE.

Lembramos que durante a fin de semana do 9 e 10 de maios estas novidades das fase 1 non se aplican.