Aberto prazo de matrícula extraordinario no Punto de Atención á Infancia para familias con necesidades de conciliación pola COVID-19

O Concello de Cabanas informa de que, co obxectivo de facilitar a conciliación nas familias con menores de tres anos, desde hoxe pódese solicitar o servizo do Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas até o mes de agosto. Esta inscrición é EXTRAORDINARIA pola situación derivada da pandemia da COVID-19.

Aquelas familinas na que as dúas persoas proxenitoras trabellen, ou no caso de familias monoparentais traballe a única persoa ao cargo da/o menor, poderanse acoller a esta convocatoria extraordinaria, de maneira inmediata e previa solicitude acreditando a súa situación laboral.

Cubriranse as prazas dispoñíbeis até completar a cota habilitada para o PAI As Viñas. Para máis información poden dirixirse ao teléfono de Servizos Sociais, no 981 495 959 (ext. 2).

O Concello de Cabanas informa tamén que está a traballar coa empresa adxudicataria do servizo para reabrir o Punto de Atención á Infancia o antes posíbel, garantindo a seguridade para as e os máis pequenos e as súas traballadoras.