Cabanas anuncia os plans de despregamento de fibra óptica

O Concello de Cabanas vén de anunciar os plans de despregamento de fibra óptica previstos para os dous próximos anos, froito da combinación do impulso á instalación de redes de nova xeración iniciadas polo goberno local o verán pasado, cos programas de axudas á extensión de banda larga da Xunta e do Estado.
 
“Estase traballando arreo para que de maneira inminente se poida levar a cabo o acendido das redes de fibra con velocidades de cando menos 100 Mbps cubrindo boa parte das parroquias de Cabanas, Porto e Laraxe, ademais de núcleos concretos do resto de parroquias”, indicou o tenente alcalde e responsábel de innovación tecnolóxica, Iago Varela, quen tamén avanzou que “para 2021 quedará practicamente todo o concello cuberto con acceso ás redes de fibra óptica.
 
Ademais, para aqueles lugares nos que á falta de acceso á fibra hai que sumar a falta de cobertura móbil, o Concello de Cabanas asinou hai uns días un acordo de colaboración coa FEGAMP para a instalación de novos puntos de acceso. “O goberno ten un compromiso claro por garantir o acceso a uns servizos de telecomunicación de calidade, e con este acordo garantiremos a rede naqueles lugares onde sexa inviábel chegar coa fibra”, engadiu Varela.
 
Entidades de poboación que contarán con acceso á fibra
 
Ademais da totalidade da parroquia de Cabanas, a extensión das redes de fibra óptica con velocidades de cando menos 100 Mbps chegará ás seguintes entidades de poboación, divididas por parroquias:
 
Parroquia de Irís: Balbís, Caneta, A Iglesia, Pedra do Couto, A Pena, Salto de Abaixo, Salto de Arriba, Traseiras.
 
Parroquia de Laraxe: Barreiras, Pedregal, Peón, Pereiro, A Torre, 
 
Parroquia de Porto: Batán, Cardeita, Costa, Sobor de Arriba, Chao da Aldea, Modias, Pudrical, A Torre, Val, Barreiro, Rego, Madalena.
 
Parroquia de Regoela: Lousada, San Marcos, Xicos
 
Parroquia de Salto: Martices, Rivas
 
Parroquia de Soaserra: Ameneiros, Durás, Xavariz, Lagoa, Lamas, Lavandeira, Sardiñas.