Convocatoria de pleno ordinario 29/01/2020

Convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación a relizar o día 29 de xaneiro ás 19.30h no Salón de Plenos. Terá a seguinte orde do día:

  1. Proposta aprobación Regulamento de Participación Veciñal.
  2. Proposta aprobación Regulamento venda ambulante e feiras.
  3. Proposta aprobación Regulamento Rexistro Municipal de Entidades.
  4. Proposta modificación Ordenanza Axuda Emerxencia Social.
  5. Moción “Seguridade marítima na ría de Ares e xestión do embarrancamento e rescate do Blue Star”. Grupo BNG.
  6. Moción sobre o financiamento das entidades locais na prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Grupo Socialista.
  7. Informes da Presidencia. Resolucións alcaldía
  8. Rogos e preguntas.