Xornada sobre as novas condicións para plantar pataca

O Concello de Cabanas, en colaboración coa Consellaría do Medio Rural, organizou na tarde de onte unha xornada formativa sobre as novas condicións para plantar pataca unha vez que o noso concello foi incluído nas zonas tampón. É importante sinalar que é preciso comunicar á Xunta de Galicia as plantacións que se fan mediante o formulario que se pode descargar ao pé desta nova.

Ademais, establécense as seguintes recomendacións.

Para o cultivo:

  1. Cubrir o impreso de declaración da plantación, que se poden entregar na oficina agraria de Pontedeume ou no rexistro do Concello de Cabanas.
  2. Plantar semente certificada.
  3. Realizar rotación de cultivo o seguinte ano.
  4. Enterrar o tubérculo mínimo 15 cm.
  5. Apocar abundantemente durante a palntación. Ao sachalas, volver profundizar os regos.
  6. Retiar o máximo restos e ventureiras ao apañar as patacas.

Para o almacenamento:

  1. Empregar lugares estancos e limpos, cubertos con mallas finas tipo mosquiteiras, separadas da pataca (non pegadas).
  2. Opcional: poñer trampa para controlar se temos couza na zona de almacenamento.