Conferencia da activista Amelia Tiganus no IES Fraga do Eume

A activista feminista e abolicionista Amelia Tiganus (Romanía, 1984) ofrecerá unha charla o próximo luns 13 de xaneiro, entre as 12.30 e as 14.30h, ao alumnado do IES Fraga do Eume, un evento organizado polo Concello de Cabanas.

Tiganus vive actualmente en Euskadi, onde puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco anos en diferentes prostíbulos do Estado español. É autora de varios artigos, entre os que destacan “La revuelta de las putas” e “El trabajo os hará libres”, e é formadora en varios cursos e talleres de sensibilización e prevención da prostitución e a violencia sexual, tanto presenciais como online.

A charla que impartirá no IES Fraga do Eume titúlase “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial” e está dirixida ao alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato.