Cabanas reparte entre hostaleiros e comerciantes material da campaña contra a violencia de xénero

O Concello de Cabanas repartiu entre os establecementos de hostalería e comercios da localidade material da campaña “Concellos en negro”, co obxectivo de implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia machista.
 
A acción enmárcase dentro dun amplo calendario de actividades impulsada desde a Concellaría de Igualdade co gallo da celebración do 25N, Día Contra a Violencia Machista.
 
Novo obradoiro de batucada
 
Desde o Concello de Cabanas lembran que este sábado, 23 de novembro, entre as 11 e as 13h, celebrarase un novo obradoiro de batucada feminista, no que as persoas participantes aprenderán a construír instrumentos e os principais ritmos de cara a celebración da batucada e pintado do banco contra as violencias que terá lugar o propio 25N no Paseo da Madalena ás 17h.