Nova edición do Club +60

Co remate das vacacións do verán volve o Concello de Cabanas recupera o Club +60 Encontro de Maiores, un espazo de encontro  e participación das persoas maiores que ten como obxectivo realizar tarefas de carácter cultural e educativo.

A través de diferentes tarefas de estimulación cognitiva (cultura xeral, exercicios de atención e memoria, dinámicas de grupo, educativas...) búscase fomentar a participación dos nosos maiores en actividades saudábeis e promover as relacións interpersoais previndo tamén o illamento social.

As actividades terán lugar todos os venres de 17 a 18.30h no SCDR de Laraxe e poden participar todas as persoas a partir dos 55 anos. Para anotarse é preciso chamar ao 981 495 959 (ext. 2 ou 6). A data prevista para o inicio das actividades é o venres 20.