Actividades culturais e deportivas para o curso 2019/2020

Rematado o mes de agosto é o momento de comezar a planificar as actividades para o curso 2019 / 2020, polo que a continuación poderás atopar toda a información sobre as diferentes alternativas que se ofrecen desde o Concello de Cabanas, tanto no ámbito cultural como no recreativo e deportivo. Está previsto que ditas actividades comecen o 1 de outubro, sempre e cando se chegue ao mínimo requerido.

O prazo de inscrición abre o vindeiro luns, 2 de setembro, e pecharase o mércores 18 de setembro. As solicitudes deben facerse por rexistro (de forma presencial ou telemática), e no caso de existir varias solicitudes que superen o número de participantes a admitir darase preferencia ás persoas empadroadas, seguindo a orde de inscrición no rexistro xeral.

Existen diferentes bonificacións, tanto para as persoas empadroadas no nos concello como para os membros de familias numerosas, membros de unidades familiares con ingresos percápita por baixo do IPREM, se participan 3 ou máis membros da mesma familia e mesmo a bonificación total ou parcial en casos excepcionais.

Prégase ler con atención toda a información que se atopará xunto á folla de inscrición, e entregar toda a documentación requerida, incluída a folla de domiciliación bancaria (ou autorizar o pago se xa se entregou en anos anteriores) e a autorización en caso dos menores.

Ao final deste artigo atópanse todos os documentos a cumplimentar para a súa descarga.

Actividades para nenas/os e rapaces/as

Para os menores ofrécense as seguintes actividades, organizadas polo lugar:

  • Porto (pavillón): multideporte, multideporte ESO, predeporte e atletismo.
  • Porto (soto do CEIP): psicomotricidade, xadrez, judo, inglés, baile moderno e hip hop, manualidades e teatro.
  • Lavandeira (pavillón): patinaxe
  • A Veiga: pádel

Actividades para adultos

No caso dos adultos ofrécense as seguintes actividades, divididas por zonas:

  • Santa Cruz: corte e confección e pilates
  • Laraxe: corte e confección e bolillos
  • Apeadoiro: pintura e inglés
  • As Viñas: corte e confección, bolillos, ximnasia pélvica, ioga, tai chi e bailes de salón
  • Porto: xadrez, ximnasia terapéutica, pilates, tenis e zumba.
  • Lavandeira: patinaxe
  • A Veiga: pádel

Ademais tamén se ofrecen cursos de ioga e de pilates en horario de mañá e clases de teatro nun lugar pendente de determinar.

Escola de Música

Por último, na Escola de Música ofrécense as seguintes actividades:

  • Iniciación á música
  • Linguaxe musical e harmonía
  • Piano
  • Guitarra
  • Violonchelo
  • Coro

Documentación para descarga

  1. Ficha autorización para a participación de menores
  2. Ficha de inscrición actividades adultos
  3. Ficha de inscrición activiades nenos/as e rapaces/as [entregar ademais ficha de autorización]
  4. Ficha de inscrición escola de música [no caso de menores, entregar ademais ficha de autorización]
  5. Folla de domiciliación bancaria
  6. Folla de domiciliación bancaria (escola de música)
  7. Horario orientativo (actividades adultos)
  8. Horario orientativo (actividades nenos/as e rapaces/as)
  9. Solicitude de bonificación