Cabanas acollerá outra fin de semana de actividades co programa “Findes na Madalena”

Cabanas acollerá esta fin de semana unha serie de actividades de ocio e lecer que se enmarcan dentro do programa “Findes na Madalena”, un programa que combina concertos, cinema ao aire libre, inchábeis infantís e mesmo a regata do Campionato Galego de Kaiak de Mar.

O venres 9 de agosto é o día da música, coas actuacións dos grupos SonBoleros (22.00h) e Gramola Ye Yé (23.30h). SonBoleros é un cuarteto que rinde homenaxe á música latina, cun repertorio que inclúe boleros e tangos, mentres que Gramola Ye Yé ten un estilo guateque, con música dos anos 60 e 70.

O sábado 10 de agosto o programa está destinado ao público máis familiar coa actuación do “Capitán Garfo” e o seu espectáculo “Cociñando Música” ás 20h, especialmente orientado ao público máis novo. Ademáis, tamén haberá unha nova sesión de cinema ao aire libre ás 22.30h, coa proxección de “Gisaku”, durante a cal as persoas asistentes poderán disfrutar de flocos de millo.

Finalmente, o domingo 11 de agosto entre as 11 e as 19 horas terán lugar as diferentes regatas do Campionato Galego de Kaiak de Mar, con saída desde a praia da Madalena.

Todas as actividades (cinema, concertos, .... ) terán lugar no antigo campo de fútbol, xunto ao Paseo da Madalena, onde o Concello conta cunha carpa para levar a cabo as actividades. Ademais, nesa mesma zona, haberá inchábeis infantís o sábado entre as 16.30 e as 21.30 horas e o domingo de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.