O Concello de Cabanas anuncia o programa das Festas de Santa Marta

O Concello de Cabanas vén de facer público o programa das Festas de Santa Marta 2019, que terá lugar os días 1, 2, 3 e 4 de agosto, cunha programación de actividades para todos os públicos organizadas no entorno da Praia e do Piñeiral da Madalena.
 
O xoves 1 de agosto cara o mediodía inaugurarase a Feira de Artesanía, que se prolongará durante os catro días das Festas e que contará con diversos postos nos que as visitantes poderán atopar produtos de artesanía, alimentación e textil.
 
O venres 2 de agosto, pola mañá, celebrarase o Concurso de Castelos de Area na praia (preto do Posto de Socorrismo), e xa de tarde haberá un espectáculo de maxia da man do mago Cayetano Lledó. A xornada concluirá coa proxección de cinema ao aire libre da película “Campeones”.
 
O sábado 3 de agosto á tarde terá lugar o Concerto Magnífico, un espectáculo destinado ao disfrute dos máis pequenos da casa. Logo da posta de sol terán lugar os concertos da noite, coas actuacións de Os Zentholos, que interpretarán clásicos do rock, pop e ska, e Los Limones. Coincidindo cos concertos, haberá un stand coa campaña AgresiónOFF contra a violencia sexual, con diversos obradoiros e actividades.
 
O domingo 4 de agosto será o día grande das Festas de Santa Marta 2019, cunha axenda repleta de actividades que comezará pola mañá co Cross Popular, que reunirá no piñeiral centos de corredores de Cabanas e comarca, e co pasarrúas amenizado polo grupo local Airiños do Frade. Pola tarde e pola noite será o momento da música, coas actuacións de La habitación de la música, Airiños do Frade, Santero y Los Muchachos e Farrapos de Gaita.
 
Ademais, o domingo haberá postos de polbo á feira e churrasco, e durante a fin de semana (sábado e domingo) estarán dispoñíbeis os inchábeis infantís na zona do antigo campo de fútbol.
Xoves 1 de agosto.
 
Todo o día: Feira de Artesanía
 
Venres 2 de agosto.
 
Todo o día: Feira de Artesanía
11.00h – Concurso de Castelos de Area (praia, zona socorrismo)
19.30h – Mago Cayetano Lledó (antigo campo de fútbol)
22.30h – Cinema ao aire libre: “Campeones”
 
Sábado 3 de agosto.
 
Todo o día: Feira de Artesanía
Inchábeis infantís
AgresiónOFF: Eu digo non á violencia sexual
19.30h – Dani García (antigo campo de fútbol)
22.30h – Concerto de “Os Zentholos” (antigo campo de fútbol)
00.00h – Concerto de “Los Limones” (antigo campo de fútbol)
 
Domingo 4 de agosto.
 
Todo o día: Feira de Artesanía
Inchábeis infantís
Xantar popular: churrasco e polbo
11.00h – Cross Popular (entrega de premios ás 13h)
12.00h – Pasarrúas (Airiños do Frade) (paseo da Madalena)
17.00h – Concerto “La habitación de la música”
18.30h – Actuación “Airiños do Frade” 
20.30h – Concerto de “Santero y Los Muchachos” 
22.30h – Concerto de “Farrapos de Gaita”