O Concello de Cabanas condena o ataque homófobo contra o Banco da Diversidade

Na madrugada do 24 de xullo o Banco da Diversidade do Paseo da Madalena, pintado coas cores do arco da vella durante as celebracións do Día do Orgullo LGTBI, sufriu un ataque homófobo.

O Concello de Cabanas condena enerxicamente este ataque e anuncia que vai repoñer o banco coas cores do orgullo o antes posíbel. Así mesmo, anuncia unha investigación e solicita a colaboración da cidadanía para dar cos culpábeis.

O Concello de Cabanas defende e fai valor da diversidade e non tolera, nin tolerará, agresións fascistas e homófobas como esta.