Cabanas completa unha actuación para a mellora da seguridade no acceso á praia de Chamoso

O Concello de Cabanas concluíu os traballos dunha primeira actuación urxente para mellorar o acceso á praia de Chamoso, co obxectivo de aumentar a seguridade das persoas usuarias do areal.

Nesta actuación restablecéronse os tramos de baranda que faltaban, ao tempo que se reduciron os ocos entre as mesmas para evitar as caídas dos máis pequenos. Así mesmo, aseguráronse as bases e se colocou unha nova corda no camiño de baixada.

O executivo local tamén iniciou as conversas con Costas para levar a cabo unha actuación que asegure o talude do acceso á praia, erosionado polos temporais dos últimos anos.