Aberto o prazo de inscrición no Cross Popular de Santa Marta 2019

O próximo 4 de agosto, domingo, o Concello de Cabanas organiza o tradicional Cross Popular con motivo das Festas de Santa Marta, que como vén sendo habitual desenvolverase no circuíto do Piñeiral da Madalena, cun percorrido integramente marcado con cinta.

As distancias oscilarán entre os 1.000 e os 7.000 metros, dependendo das categorías distribuídas segundo os grupos de idade, e as inscricións pódense facer a través do correo electrónico cultura@cabanas.gal ou por teléfono no 981 495 959 (extensión 3) até  as 14h do venres 2 de agosto. Excepcionalmente poderanse facer inscricións in situ até unha hora antes do inicio da carreira na carpa de organización.

Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría, os vencedores absolutos das categorías feminina e masculina, Adicionalmente, nas categorías base, todos os participantes recibirán medalla. 

Pódense consultar as bases completas no documento anexo a este artigo.