Información sobre as feiras de verán e apertura de prazo de inscrición na Feira de Artesanía de Santa Marta

O Concello de Cabanas informa (das datas) das feiras programadas para celebrarse durante o verán no entorno do Paseo da Madalena, á vez que anuncia a apertura dos prazos para a solicitude de permisos, de seren necesarios.

  • Feira do 21 (domingo, 21 de xullo de 2019). Admítense todo tipo de postos, non é preciso inscrición previa, polo que tampouco haberá espazos asignados. Débense deixar libres os accesos ao piñeiral, os bancos e papeleiras, e non se permite o uso do mobiliario urbano (farolas etc).
  • Feira de Artesanía de Santa Marta (do xoves 01 ao domingo 04 de agosto de 2019). Só se admiten postos que cumpran as bases que se publican a continuación, e é preciso formalizar a inscrición no rexistro do Concello mediante a instancia (ben de forma persencial ou ben por vía telemática) até o 26 de xullo.
  • Feira do 21 (mércores, 21 de agosto de 2019). Admítense todo tipo de postos, non é preciso inscrición previa, polo que tampouco haberá espazos asignados. Débense deixar libres os accesos ao piñeiral, os bancos e papeleiras, e non se permite o uso do mobiliario urbano (farolas etc).

Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 495 959, acudir ao Concello ou á Oficina de Turismo.