O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no seu Torneo de Pádel

Galego

A competición, xa consolidada no calendario deportivo local, chega neste 2019 á súa oitava edición e celebrarase do 8 ao 16 de xuño

Cabanas, 24 de maio de 2019. O Concello de Cabanas promove un ano máis, e xa van oito, una nova edición do seu Torneo de Pádel. Una cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio, onde día a día medra a afección por esta disciplina deportiva.

Celebraráse do 8 ao 16 de xuño nas pistas da Área Recreativa e Deportiva da Veiga. Organizado polo Concello, o torneo manterá aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 6 de xuño. E, para formalizala, hai varias alternativas: enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@cabanas.es; chamando por teléfono ao número 981 49 59 59 extensión 3, ou presencialmente no propio consistorio.

A cuota é de 10 euros por persoa nunha categoría e 15 por persoa se a inscrición se realiza en dúas. O torneo repartirá trofeos aos mellor clasificados e un obsequio a todos os participantes.

Tags: 
Archivo: