O Concello de Cabanas abre a inscrición para solicitar praza nos campamentos deportivos de verán da Deputación

Galego

A institución provincial concedeulle ó Concello de Cabanas tres prazas

Cabanas, 16 de maio de 2019. O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación. A institución provincial vén de concederlle ao municipio tres prazas na segunda quenda, do 7 ao 12 de xullo, e están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos –ambas idades incluídas-.

A estancia e manutención realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo, na cidade da Coruña, onde se realizará un amplo programa de actividades deportivas, así como actividades culturais. A cota de inscrición é de 85 euros, que se ingresarán unha vez que o/a interesado/a obteña praza.

En caso de que a demanda supere a oferta realizarase un sorteo público para a devandita adxudicación de prazas, con preferencia para aqueles/as que non participasen en edicións anteriores.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Departamento de Cultura e Deportes e o prazo remata o 31 de maio. Deberán cubrir unha ficha de inscrición e presentar unha foto de carné así como fotocopias da documentación requirida (tarxeta sanitaria, carné de identidade ou libro de familia e, no caso de que necesite ter un tratamento específico ou doenza que se deba ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente). Así mesmo, teñen á súa disposición o número de teléfono 981 49 59 59 ext.3, a dirección de correo electrónico cultura@cabanas.gal, ou de forma presencial no Concello para aclarar calquera dúbida.

Tags: