Veciñanza e Concello volven a aliarse nas tarefas de limpeza da praia da Madalena

Galego

Por segundo ano consecutivo, celebrouse a xornada de limpeza veciñal no areal

Cabanas, 13 de maio de 2019. A cuadrilla veciñal de limpeza convocada no día de onte polo Concello foi quen de retirar da praia da Madalena ata cinco remolques cargados principalmente de troncos e madeiras arrastrados polo mar e dez grandes sacos con residuos como plásticos. Foi no transcurso dunha acción medio ambiental que se celebraba por segundo ano consecutivo e na que tomaron parte uns 20 veciños e veciñas.

O Concello valorou moi positivamente a resposta veciñal e, sobre todo, agradeceu a súa colaboración e implicación, destacando a querencia veciñal por este espazo cuxa conservación é cuestión de todos e todas tal e como demostran veciños e veciñas en cantas iniciativas se plantean dende o Concello.