Xornada de adestramentos de supercross este sábado en Cabanas

Galego

A día de hoxe, unha vintena de persoas, nenos e maiores, anotáronse na iniciativa do Concello, que se viu obrigado a aplazar as exhibicións

Cabanas, 9 de maio de 2019. O Circuito Municipal de Motocross de Cabanas albergará este sábado unha xornada de adestramentos de supercross, específicos e libres. Unha iniciativa organizada pola Concellería de Deportes e o Moto Club Saltamontes na que colabora o Moto Club local de Cabanas, e na que se anotaron, a día de hoxe, unha vintena de persoas, nenos e maiores –con licenza federada ou seguro privado, requisitos imprescindibles-. Así mesmo, o Concello viuse obrigado a aplazar as exhibicións que se ían realizar inicialmente e, proximamente, anunciará novas datas. En todo caso, o público que asista poderá disfrutar dunha exposición de motos clásicas de supercross durante toda a xornada.

Mañá péchase o plazo de inscrición nos adestramentos e, para anotarse, os pilotos federados deben chamar ao teléfono 679 898 326 (Carlos López) ou enviar un correo electrónico ao enderezo manteiga62@yahoo.es e, os pilotos con seguro privado, ao teléfono 981 49 59 59 extensión 3 ou enviar un correo ao enderezo cultura@cabanas.gal.

Tags: