O Concello de Cabanas conclúe a segunda fase da rehabilitación da Escola Laica

Galego

Os traballos contaron cun orzamento de 100.000 euros procedente da Achega Provincial e centráronse na cuberta

Cabanas, 6 de maio de 2019. O Concello informou esta mañá do remate da segunda fase das obras de rehabilitación da Escola Laica. Unha intervención que se centrou na cuberta. O seu estado de deterioro derivaba en filtracións ao interior, polo que a intervención contemplou a súa substitución (en dúas fases). Tamén a reparación dos aleiros e a instalación de novos canalóns, así como o saneamento perimetral da fachada, corrixindo grietas e pintando.

A intervención contou cun orzamento de 100.000 euros e financiouse con cargo á Achega Provincial de 2017.

Image: