“Tapeando Cabanas”, os mellores pinchos como reclamo para disfrutar do municipio

Galego

A Concellería de Turismo organiza xunto ós establecementos hosteleiros a segunda edición da ruta, que se celebrará dende este venres

Cabanas, 25 de marzo de 2019. O Concello, a través da Concellería de Turismo, organiza un ano máis “Tapeando Cabanas”, a ruta polos establecementos de hostalería deseñada para disfrutar das mellores tapas nun entorno privilexiado para o ocio. En colaboración co sector, “Tapeando Cabanas”, a concelleira de área, Elena Arias, apunta que arrancará este venres e prolongarase sábado e domingo e retomarase a seguinte fin de semana (5, 6 e 7 de abril). Durante esas datas, A Lareira, Fragas do Eume, La Encina, o Local Social de San Martiño, o Local Social de Laraxe e Yellow ofrecerán as súas mellores propostas gastronómicas con cada consumición e ao prezo de 1,50 euros. Saborosas recetas a degustar as fins de semana –de venres a domingo en horario de cociña-.

Unha vez máis, os clientes serán os encargados de elixir o mellor pincho e, para isto, deberán cubrir una papeleta co seu nome e elección. O gañador recibirá unha placa e un diploma conmemorativo. Ademais, tamén haberá importantes premios para as persoas que proben as tapas. Así, os que selen nun mínimo de cinco establecementos entrarán no sorteo de obsequios donados polos propios locais, namentras que aqueles que completen a ruta poderán acceder ao sorteo dos agasallos que cede o Concello: unha estancia nun balneario para dúas persoas e dúas entradas para asistir a un dos espectáculos da programación do Teatro Jofre.

Nesta liña, Elena Arias confía en reeditar e incluso mellorar a afluencia de clientes á hostalería de Cabanas e anima a veciños e turistas a tapear polo municipio e disfrutar do mesmo.

Image: 
Tags: