O Concello organiza para as familias un obradoiro de creación de adornos ecolóxicos

Galego

Aberta a inscrición na actividade, completamente gratuíta e que terá lugar no local social das Viñas o luns 25 de marzo ás cinco da tarde

Cabanas, 21 de marzo de 2019. No marco do programa municipal “Tempo de familias”, a Concellería de Servizos Sociais de Cabanas organizará o vindeiro luns 25 de marzo un obradoiro de creación de adornos ecolóxicos. A actividade celebrarase no local social das Viñas a partir das cinco da tarde.

Aínda que a participación é gratuíta, requírese de inscrición previa e debe formalizarse ben na Concellería de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial-; ben nos teléfonos 981 49 59 59 extensións 6 ou 2 ou no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal.

No mesmo, as familias aprenderán a facer adornos como por exemplo banderíns ou guirnaldas con roupa vella. A converter a roupa que xa non se utiliza ou vellos retais de tea en adornos personalizados para festas e celebracións.

Image: