Trinta veciños e veciñas participan no obradoiro sobre educación emocional dende a disciplina positiva que impulsa o Concello

Galego

Organizado pola Concellería de Servizos Sociais no marco do programa Tempo de Familias, celebrarase ao longo de seis sesións

Cabanas, 5 de marzo de 2019. Respondendo ao interese amosado polas familias sobre a metodoloxía da disciplina positiva, e a través do proxecto Tempo de Familias, o pasado sábado arrancaba un curso con seis sesións sobre este tema. Gratuíto e, baixo o título “Crianza consciente e educación emocional dende a disciplina positiva”, nel participan trinta veciños e veciñas involucradas en educar dende o respeto mutuo, buscando alternativas aos castigos, ás ameazas, a tentar non sentir culpabilidade por como se educa en ocasións, querendo saber como xestionar as emocións e acompañar aos nenos e nenas.

Dende o Concello de Cabanas explícase que, en cada sesión, abordaranse diferentes aspectos como que é a disciplina positiva, os criterios e ferramentas para educar en positivo, a amabilidade e a firmeza, ferramentas para gañar cooperación, efectos do castigo, consecuencias naturais e lóxicas ou preguntas de curiosidade.

Image: