O Polígono de Vilar do Colo xa conta con rede WIMAX

Sen definir

Coa posta en funcionamento da antena WIMAX instalada no Polígono de Vilar do Colo solvéntase en parte as deficiencias que afectan ó mesmo e que radicaban precisamente na falta de servizos de calidade que garantisen a conexión das empresas alí radicadas a internet. O Concello de Cabanas, en colaboración co Concello de Fene e coa Dirección Xeral de Promoción Industrial puxeron en marcha esta actividade que se enmarca dentro dun plan que pretende a instalación de WIMAX ó conxunto de 32 polígonos para dotalos de banda ancha.

A instalación de WIMAX en Vilar do Colo componse dunha antena e unha pequena construcción que ocupa 28 metros cadrados que permite a conxexión a Internet de banda ancha, con maior calidade e fiabilidade que o seu equivalente técnico, o sistema WIFI, así como con maior capacidade de servizo. Ata a data, a conexión a Internet limitábase a contratación de servizos ADSL, con operadores de telefonía, pero sendo un servizo deficiente segundo os empresarios.

Esta nova instalación non so beneficiará ás setenta empresas que en Vilar do Colo se atopan instaladas, senón que tamén permitirá ós veciños das parroquias limítrofes acceder sen cables a Internet. Pero dun millar de veciños residentes nun radio de 1,5 kilómetros arredor da instalación poderán acceder a este servizo, cuxo prezo oscila entre os 30 e os 180 euros mensuais.

O Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, mostrou a súa satisfacción por este primeiro paso para achegar o Polígono de Vilar do Colo ó século XXI, pero avisou de que a intención do goberno municipal non queda ahí, e que se seguirá traballando para a instalación dunha rede de fibra óptica que permita mellorar inda máis os servizos ofertados no polígono.