O Concello convoca este luns unha reunión sobre o programa “Tempo de Familias”

Galego

Terá lugar no PAI das Viñas, a partir das cinco da tarde

Cabanas, 22 de febreiro de 2019. O Concello de Cabanas organiza este luns día 25 unha reunión informativa coa que dar comezo ao proxecto “Tempo de Familias” neste 2019. Terá lugar no PAI das Viñas a partir das cinco da tarde.

Na mesma, o Concello convidará ás persoas participantes a facer propostas de actividades tanto para pasar o lecer en familia como relacionadas coa educación e a crianza. Ademais avanzarase xa o obxectivo de iniciar un obradoiro quincenal co mesmo formato que o desaparecido Preescolar na Casa, onde se compartía un espazo e un tempo coas familias con xogos, cancións e intercambio de experiencias de crianza.

“Tempo de Familias” está enmarcado no Programa Municipal de Acción Social coa Familia.

Image: